Saltar ao contido

Zé Castro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaZé Castro

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) José Eduardo Rosa Vale e Castro Editar o valor en Wikidata
13 de xaneiro de 1983 Editar o valor en Wikidata (41 anos)
Coímbra, Portugal Editar o valor en Wikidata
Outros nomesZé Castro Editar o valor en Wikidata
Altura183 cm Editar o valor en Wikidata
Peso76 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2003 Editar o valor en Wikidata -
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Número deportivo18 Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2003–2006 Académica de Coimbra 55(1)
2006–2008   Atlético de Madrid 30(2)
2008–2013   Deportivo da Coruña 96(1)
2013–   Rayo Vallecano 50(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2004–2006   Portugal sub-21 15(1)
2009–2009   Portugal 1(0)

FIFA: 214711 Editar o valor en Wikidata

José Eduardo Rosa Vale e Castro, coñecido como Zé Castro, nado en Coímbra o 13 de xaneiro de 1983, é un futbolista portugués. Xoga de defensa central e o seu equipo actual é o Académica de Coimbra.

Zé Castro xogou para o principal equipo da súa cidade natal, o Académica de Coimbra, disputando a Primeira Liga portuguesa entre os anos 2003 a 2006. Previamente xogou nas divisións inferiores do mesmo club.

No conxunto da capital de España pasou con máis pena que gloria debido aos seus erros defensivos, sobre todo un clamoroso fronte ao Real Madrid da tempada 2006–07 no Estadio Vicente Calderón, que provocou a súa crucifixión por parte da bancada colchoneira. O 7 de xullo de 2008 fichou polo Deportivo da Coruña en condición de cedido con opción de compra e en abril de 2009 o club coruñés fíxose coa totalidade da súa ficha por algo máis de 2 millóns de euros.

Carreira futbolística

[editar | editar a fonte]

Académica de Coimbra

[editar | editar a fonte]

Fixo a súa formación como futbolista nas categorías inferiores do Académica de Coimbra. Xa na tempada 2005–06, Zé Castro asumiu un papel preponderante no equipo principal, na Primeira Liga, chegando mesmo a ser o capitán do seu equipo a pesar da súa mocidade. A finais desa campaña tivo ofertas de varios clubs europeos, entre os que se atopaban Celtic FC, Tottenham Hotspur, e Bayern de Múnic.

A súa saída do club estivo envolvida en polémica. Expirado o contrato co Académica, e tras declarar publicamente a intención de renovalo, o xogador deu un golpe de efecto e fichou polo Atlético de Madrid español. Tras a fichaxe, o Académica de Coimbra dirixiulle unha serie de acusacións a través dun comunicado social, ao que o mozo central respondeu ameazando á dirección do Académica cun proceso xudicial por, na súa opinión, faltar á verdade. José Eduardo Simões, presidente do Organismo Autónomo, exclamou na Asemblea Xeral, que "Zé Castro non quixo renovar coa Académica, por querer ser o atleta mellor pagado do club", feito que rapidamente foi desmentido polo xogador.

Atlético de Madrid

[editar | editar a fonte]

Na tempada 2006–07 fichou polo Atlético de Madrid, e debido ás lesións dos outros xogadores da súa posición, e a baixa forma do equipo en xeral acabou por xogar máis do inicialmente esperado, chegando mesmo a marcar dous goles.

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

Con todo, a cantidade de partidos que xogou na tempada seguinte (2007–08) no Atlético de Madrid, (8 en total) non foron suficientes para as aspiracións do propio xogador e ao finalizar a campaña manifestou o seu desexo de saír do club. O 7 de xullo de 2008 foi anunciado oficialmente como reforzo do Deportivo da Coruña, en condición de cedido polo Atlético Madrid, cunha opción de compra durante as catro tempadas seguintes.[1] Durante a pretempada xogou asiduamente no centro da zaga, e aos poucos foi convencendo á bancada coas súas actuacións, bastante regulares e convincentes. O 3 de abril de 2009 o Deportivo da Coruña anunciou que se fixera coa totalidade dos dereitos do xogador.[2]

Selección Nacional

[editar | editar a fonte]

Desde moi novo, Zé Castro xogou con regularidade nas seleccións inferiores de Portugal. Aínda non foi convocado para a Selección de Portugal. O deportivista estreouse como internacional absoluto con Portugal, en Tallin nun partido amigable contra Estonia, o 10 de xuño de 2009.

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]